Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha persoa durante un incendio agrícola en San Cristovo de Cea

Morre unha persoa durante un incendio agrícola en San Cristovo de Cea

O sinistro produciuse na parroquia de Oseira

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 02/07/2025 19:10 Última actualización 02/07/2025 21:29

Unha persoa faleceu durante un incendio forestal ocorrido este mércores en Cea. O sinistro produciuse arredor das catro e media á beira da estrada OU-406, nunha zona de monte da parroquia de Oseira.

Un tractor que estaba rozando provocou accidentalmente un pequeno incendio agrícola. Unha persoa que estaba preto do lugar achegouse a axudar pero atopouse mal. Crese que puido ter un infarto. A vítima era un concelleiro de Cea.

En todo caso, o seu falecemento non tivo relación co lume. 

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, xa que unha persoa necesitaba asistencia sanitaria.

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios non puideron facer nada por lle salvar a vida á persoa falecida. No operativo tamén participou a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade