Remata a tregua climática en Ourense
Este luns non chegaron aos trinta graos e baixou esa sensación térmica tan alta
Con todo, a medida que avance a semana os termómetros volverán dispararse
Tamén a radiación ultravioleta acadará niveles moi altos
A calor era abafante en Ourense hai unha semana. Tras a tempestade, chegou a calma, pero a tregua parece que vai durar pouco.
Haberá que buscar refuxios climáticos naturais, xa que volverán a rozar os corenta ao longo desta semana, e a sensación térmica, con abano ou sen el, volverá ser moi alta.
E, sobre todo, cómpre ter moi en conta esta semana a radiación ultravioleta, que será moi alta.
Ese risco alto de dano por exposición ao sol debe combaterse con fotoprotección.
Cada vez hai máis concienciación no coidado da nosa pel, pero non debemos baixar a garda. As queimaduras son os efectos a curto prazo doutro tipo de enfermidades máis graves.