Contido con Xeográficas .
Galicia

Unha alfombra floral homenaxea o Antigo Reino de Galicia e o Corpus Christi
29/06/2025 13:03
Os especialistas de Ponteareas desprazáronse a Lugo para realizar un traballo que espertou admiración e curiosidade

Rey Varela, ante o congreso do PP: "Rueda é o presidente autonómico con máis apoios"
29/06/2025 10:37
O PPdG afronta con ilusión o Congreso Nacional dos populares da próxima fin de semana no que sairá reelixido Alberto Núñez Feijoo
José Manuel Rey Varela, secretario de organización do Congreso, salientou a importante participación dos militantes galegos que acoden á cita con 316 compromisarios

Cita para os coleccionistas e os amantes das antigüidades en Santiago
29/06/2025 10:25
Corenta e seis expositores achegan á Área Central na capital galega unha infinidade de produtos únicos

Dous feridos ao chocar a súa embarcación cunha batea na Illa de Arousa
29/06/2025 09:27
Tiveron que ser evacuados ao hospital do Salnés

A Xunta activa os niveis de alerta 2 e 3 por altas temperaturas: Ourense achégase os 43 graos
29/06/2025 08:59
A actividade deportiva federada no exterior queda suspendida durante esta xornada e este luns
Domingo de calor abafante en Galicia logo dunha noite tropical con termómetros por riba dos 27 graos
Granado, en Huelva, rexistrou o récord nun mes de xuño en España: 46 graos

Morre un bañista en Nigrán tras ser rescatado do mar
29/06/2025 07:57
Persoal sanitario desprazouse ata o areal de Praia América, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida
Localizan o cadáver do mozo de 23 anos desaparecido nunha praia de San Vicente de la Barquera

Éxito total dun Resurrection que trouxo a Viveiro 120.000 persoas en catro días
28/06/2025 21:24
O festival celebra o vixésimo aniversario deixando na Mariña uns 20 millóns de euros

Comeza o programa Encoro Aventuras, que permite descubrir lugares afectados por presas
28/06/2025 21:13
A iniciativa inclúe actividades participativas coma música, astronomía ou enoturismo, como outra forma de coñecer enclaves de interese non tan populares desde o punto de vista turístico

A Coruña conmemora o 16º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial
28/06/2025 21:11
O Concello deseñou un programa cultural que inclúe recreacións, rutas teatralizadas e teatro

As altas temperaturas animan moitos bañistas a refrescarse nos areais
28/06/2025 20:58
No interior de Galicia algunhas zonas superaron os 35 graos
A calor abafante durará ata o mércores

28/06/2025 20:50
Na festa de verán da carballeira das Lagoas participaron uns corenta coches históricos, o máis antigo é un Dogdge M37 do ano 1951
Un coche considérase histórico cando ten máis de trinta anos desde a primeira matriculación

Falece José Antonio Redondo, exconselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
28/06/2025 20:12
José Antonio Redondo faleceu este sábado aos 74 anos
Tamén foi director do Instituto Galego de Vivenda e Solo entre 1995 e 2005
A súa vocación era a docencia; era catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago de Compostela

A praza de abastos de Santiago, un dos moitos atractivos turísticos de Compostela
28/06/2025 19:52
É visita obrigada para probar a gastronomía e mercar agasallo
Os turistas buscan produto de proximidade, calidade e feito á man

Gonzalo Caballero: "Necesitamos un gran pacto contra a corrupción"
28/06/2025 18:53
O exsecretario xeral do PSdG asegura que Cerdán lle pediu que non concorrese ás primarias de 2023 das que saíu o candidato á Xunta
O exlíder dos socialistas galegos pídelle á dirección do PSdG un cambio na folla de ruta

Deteñen na Lavacolla unha muller buscada nos Estados Unidos polo asasinato dunha moza venezolana
28/06/2025 16:58
A detida é Gerelys Sánchez-Reyes, unha dominicana de 28 anos de idade, residente en Filadelfia
A detida levaba tres meses en busca e captura, acusada de acoitelar a Yuleisy Torrelles Martínez, de 21 anos
O corpo da vítima, de nacionalidade venezolana, apareceu o 5 de abril escondido no interior dun sofá cama, no seu piso de Filadelfia, tras levar tres días desaparecida

O mellor xuño en ocupación hoteleira nas Rías Baixas e previsións do 100 % para xullo e agosto
28/06/2025 14:51
En 2024 visitaron o litoral do sur de Galicia preto dun millón trescentas mil persoas
Esta tempada 2025 comezou co aumento do 5% deste xuño, respecto a xuño do ano pasado

Primeira vaga de calor do verán: Leiro chega a 41,6 graos e Ourense a 41,5
28/06/2025 14:47
Para este domingo, MeteoGalicia advirte de que a calor persistirá no sur de Lugo, Valdeorras, Miño de Pontevedra, Sur de Ourense e o Miño en Pontevedra
Recoméndase non saír nas horas centrais do día, buscar a sombra, beber moita auga e botar crema de protección
As altas temperaturas animan a moitos bañistas a refrescarse nos areais
España superou o seu récord de temperatura máxima no mes de xuño: 46 graos en Huelva

Cos 120.000 asistentes do Resurrection chega a revolución á Mariña
28/06/2025 14:46
Estímase que o festival traerá un retorno entre os 18 e os 20 millóns de euros

No verán hai que protexer os ollos do sol con lentes homologadas
28/06/2025 14:45
As lentes de sol teñen que ter filtros con protección ultravioleta
Hai que usalas polo menos desde as doce da mañá ás cinco da tarde

A Mariña escapa da vaga de calor e conserva a temperatura habitual, moi valorada polos visitantes
28/06/2025 14:40
Lonxe de verse afectado pola calor extrema destes días, o litoral lucense mantense arredor dos 23 graos grazas ao efecto do vento do nordés, frecuente nesta zona

Segue a busca do pescador afeccionado na desembocadura do Miño
28/06/2025 14:28
A embarcación na que ía co seu can afundiu entre A Guarda e Caminha
Os medios de rescate esperan unha mellora das condicións do mar para que poidan traballar os mergulladores

Foxe tras arderlle o coche roubado co que tivo un accidente en Moaña
28/06/2025 14:21
O vehículo provocou un pequeno incendio forestal tras caer por un barranco e bater cunha árbore
Os equipos de emerxencia temeron que puidese haber vítimas entre os ferros calcinados do turismo
A Garda Civil comprobou que roubaran o coche e buscan o condutor, que fuxiu do lugar

A Asociación Nacional de Esclerodermia celebra o seu congreso en Santiago
28/06/2025 14:10
Algúns pacientes viñeron camiñando desde Sarria para darlle visibilidade a esta enfermidade rara
A esclerodermia é unha enfermidade autoinmune, reumatolóxica e sistémica
En Galicia están rexistrados 45 pacientes

Aumentan as encargas de peixe en liña a través do WhatsApp
28/06/2025 14:01
O servizo de mensaxería conecta vendedores e clientes de forma rápida e sinxela
.jpeg)
A nova oferta de AVE entre Galicia e Madrid bate cifras récord de viaxeiros
28/06/2025 13:46
O servizo comezou o 9 de xuño e o día 20 alcanzou o seu máximo histórico, con 12.839 viaxes
Desde o 9 de xuño, o número de viaxeiros semanais mantense de forma sostida por encima dos 75.000, o que representa un récord para este corredor.

Ferido grave un traballador do servizo de recollida de lixo de Ferrol tras ser agredido de madrugada
28/06/2025 12:41
Un veciño de Narón aproximouse ao operario, e "sen mediar palabra" propinoulle unha puñada na cara, o que provocou que o traballador caese ao chan e sufrise lesións na cabeza
Axentes da Policía Local detiveron o presunto agresor

28/06/2025 08:17
Luar na Lubre e Víctor Freixanes, entre os condecorados este sábado coas Medallas Castelao 2025
Completan a lista de galardoados o empresario Emilio Pérez Nieto, a médico de familia Rosa Rodríguez Álvarez e a Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA)

28/06/2025 07:58
Cre que son necesarias políticas públicas que acompañen e normativas que "sigan avanzando para blindar a igualdade de trato e a non discriminación" das persoas LGBTIQ+
Pedro Sánchez celebra os 20 anos de matrimonio igualitario e reivindica que España non dará nin un paso atrás en dereitos

'Tardes de fío' xunta en Vigo bordadoras que comparten o saber e os seus labores
27/06/2025 21:36
Afeitas a coser maiormente na soidade nas súas casas esta xuntanza mensual resúltalles inspiradora e mesmo terapéutica

O Gaiás ofrece un paseo pola vida de Castelao da man da intelixencia artificial
27/06/2025 21:17
A exposición 'Castelao. Mirar por Galicia' recrea a súa voz e os seus xestos
Pódese vivir a experiencia na Cidade da Cultura ata o 11 de xaneiro

Convenio entre a Xunta e Agaela para atender pacientes de ELA a domicilio en Galicia
27/06/2025 21:13
A Consellería de Política Social asinou coa Asociación de Afectados por ELA un convenio de cen mil euros que permitirá atender pacientes en toda Galicia

Publícase un decálogo de boas prácticas para conservar a ameazada píllara das dunas
27/06/2025 20:44
Entre as medidas figuran o uso dos pasos sinalizados, non deixar lixo nos areais e evitar levar mascotas

Rueda define o Álvaro Cunqueiro como "símbolo" da sanidade pública galega no seu décimo aniversario
27/06/2025 20:35
O hospital rexistrou máis de 358.000 ingresos e 1,8 millóns de atencións en urxencias dende 2015
A Xunta anuncia novos servizos e destaca os avances tecnolóxicos e en investigación do centro

A Xunta somete a información pública o proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte
27/06/2025 17:45
O novo tramo terá unha lonxitude de 5,5 quilómetros
A administración autonómica prevé un investimento de 36,4 millóns de euros
Allegue subliñou o compromiso da Xunta cunha Galicia "vertebrada, ben comunicada e cunhas infraestruturas sostibles e seguras"
.png)
Falece un home tras ser rescatado inconsciente da auga en Viveiro
27/06/2025 17:18
O suceso tivo lugar na praia de Celeiro

Evacuadas cinco persoas polo choque dun turismo e un camión en Cerceda
27/06/2025 17:08
Unha foi trasladada en helicóptero e as outras catro en ambulancia

Preto de 7.000 efectivos participarán na loita contra os incendios en Galicia este ano
27/06/2025 16:23
Entre as novidades, aumenta o tempo de traballo do persoal da Xunta ata os 8 meses
Instáurase a figura do xefe de loxística para xestionar o avituallamento, coordinar o aloxamento do persoal e supervisar as comunicacións
Lembran que a cidadanía pode colaborar chamando ao servizo gratuíto 085 en caso de detectar un incendio forestal

O Concello de Vigo garante finalmente a celebración das festas de Coia
27/06/2025 16:20
O Goberno local asumirá os custos polas perdas da comisión tras a retirada de atraccións sen permiso
Non se instalarán atraccións que incumpran a normativa de seguridade vixente

27/06/2025 15:45
Agárdanse temperaturas por riba dos 35 graos no interior entre o sábado e o luns
A Consellería de Sanidade publica recomendacións para os grupos máis vulnerables

Desarticulan un dos principais puntos de venda de droga polo miúdo en Vilanova
27/06/2025 15:31
Cinco persoas foron detidas en Vilanova e Vilagarcía durante a operación Ninja II
O grupo distribuía droga a outras localidades e atendía medio cento de persoas ao día