Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido grave un traballador do servizo de recollida de lixo de Ferrol tras ser agredido de madrugada

Ferido grave un traballador do servizo de recollida de lixo de Ferrol tras ser agredido de madrugada

Un veciño de Narón aproximouse ao operario, e "sen mediar palabra" propinoulle unha puñada na cara, o que provocou que o traballador caese ao chan e sufrise lesións na cabeza

Axentes da Policía Local detiveron o presunto agresor

G24.gal 28/06/2025 12:41

Un operario dun camión de recollida de lixo da empresa Urbaser en Ferrol tivo que ser ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) tras ser agredido durante a súa quenda de noite.

Segundo informou a Policía Local de Ferrol, o suceso produciuse na rúa Villarrube, sobre as 03.00 horas deste sábado, cando un home, de 38 anos e veciño de Narón, aproximouse ao operario, de 52 anos, e "sen mediar palabra" propinoulle unha puñada na cara, o que provocou que o traballador caese ao chan.

Como consecuencia do impacto e a caída, a vítima presentaba lesións na cabeza. O presunto agresor foi detido unha hora despois por unha patrulla da Policía Local na zona da estrada de Catabois, en dirección a San Mateo.

O Goberno local de Ferrol condenou este "comportamento violento" e desexou unha pronta recuperación á vítima. Tanto o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, como o concelleiro de Servizos están en contacto coa familia do traballador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade