Afronta cinco anos de cadea por arricarlle un dedo cunha dentada a un home
O suceso aconteceu durante unha pelexa en Foz en agosto do 2022
O agresor mutilou dunha trabada a primeira falanxe do dedo índice da vítima

Un home sentou esta mañá no banco dos acusados para responder ante a xustiza por arrincarlle un dedo dunha trabada a outro home.
A Fiscalía pediu para el cinco anos de cadea por un delito de lesións. Está acusado de causarlle a outro home, co que se viu envolto nunha liorta, un traumatismo cranial, ademais de amputarlle un dedo dunha trabada.
Os feitos aconteceron no verán do 2022 en Foz cando agresor e vítima iniciaron unha pelexa no medio da cal o acusado mordeu o dedo índice do outro home e lle arrincou a primeira falanxe. A Fiscalía pide tamén para a vítima unha indemnización de 8.000 euros e o aboamento dos gastos médicos.