Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos por agredir un camareiro nun bar da praza Roxa en Santiago

Tres detidos por agredir un camareiro nun bar da praza Roxa en Santiago

Querían marchar sen pagar e o camareiro chamoulles a atención

Reaccionaron de xeito violento e amosaron unha navalla

 

 

G24.gal 16/06/2025 13:55

Os feitos producíronse ás oito e media da tarde, coas terrazas da praza Roxa ateigadas. Segundo relata o dono do local, tres homes intentaron marchar sen aboar o consumido. Presuntamente, cando o camareiro lles chamou a atención, estes comezaron a perseguilo ata o interior do bar, onde lle lanzaron botellas e tallos. 

Un dos individuos amosou unha navalla, pero finalmente non houbo navalladas. Así e todo, dúas persoas resultaron feridas leves por contusións e foron atendidas por unha ambulancia que se desprazou á zona. A policía arrestou os tres individuos nun portal veciño ao bar, na rúa Frei Rosendo Salvado. 

Está previsto que os detidos pasen a disposición xudicial nas próximas horas. Segundo fontes da investigación, trátase de tres coñecidos delincuentes da comarca. Ademais da agresión, o dono do local informou de danos materiais por valor duns 600 euros. Segundo apunta, todo quedou rexistrado nas cámaras de videovixilancia do establecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade