Cargando resultados...
Detido en Vigo un home tras apuñalar a súa exparella, que está estable ingresada no hospital
A muller foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro tras ser apuñalada, onde na actualidade está ingresada estable

G24.gal
16/06/2025 14:19
Un home foi detido no serán deste pasado domingo en Vigo tras supostamente apuñalar a seu exparella, que foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde se atopa estable.
Segundo fontes da Policía Nacional os feitos ocorreron minutos antes das 21:00 horas na zona de Castrelos.
En concreto, no Camiño Eixón, nas proximidades á avenida Clara Campoamor, onde o home, agora detido, cometería unha tentativa de homicidio sobre a súa exparella, de 66 anos de idade.
A muller, segundo fontes do 061, foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro tras ser apuñalada, onde na actualidade está ingresada estable. O home foi detido.