Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pasa á disposición xudicial o condutor detido polo accidente mortal do Rosal

Pasa á disposición xudicial o condutor detido polo accidente mortal do Rosal

É un mozo de 25 anos residente en Murcia que fuxiu tras causar un sinistro no me morreu un motorista

O Tribunal de Instancia de Tui decretou prisión provisional, comunicada e eludible baixo fianza de 150.000 euros

Fixo unha manobra irregular de adiantamento mentres circulaba a unha velocidade excesiva polo corredor do Baixo Miño

O home foi detido en Pontevedra
G24.gal 22/07/2025 09:49 Última actualización 22/07/2025 11:01

O Tribunal de Instancia de Tui decretou prisión provisional, comunicada e eludible baixo fianza de 150.000 euros para o mozo de 25 anos de Murcia que conducía o vehículo que arroiou a un motorista de 33 anos que perdeu a vida no Rosal.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza aprecia risco de fuga e de reiteración delituosa e está investigado por homicidio imprudente, abandono do lugar do accidente ou, alternativamente a este último, omisión do deber de socorro.

O mozo conta con tres condenas firmes por delitos contra a seguridade viaria e dúas causas abertas en Murcia por este tipo de delitos, unha delas por un accidente de natureza similar e a outra por condución sen carné.

Axentes do Grupo de Investigación e Análise da Garda Civil de Tráfico e do Equipo de intervención de Sinistros do Porriño arrestaron o mozo como suposto responsable do accidente no que morreu un motorista de 33 anos que circulaba polo corredor do Baixo Miño.

Segundo informa o subdelegado do Goberno Abel Losada, o condutor do BMW M4 con matrícula alemá abandonara o lugar dos feitos tras o suceso e estaba identificado dende un primeiro momento.

En declaracións difundidas aos medios, asegura que o detido realizou unha manobra irregular de adiantamento a unha velocidade excesiva, o que provocou a morte dunha persoa "que circulaba correctamente".

A moto do falecido no lugar do accidente

O accidente

O motorista de 33 anos perdeu a vida o pasado día 15 cando o turismo do arrestado invadiu o carril contrario e arroiouno.

Tras o accidente, segundo a Garda Civil, o condutor subiu a un vehículo doutra persoa que circulaba pola vía e foi trasladado ao centro médico de Tui.

Dende entón, perdéuselle a pista e o instituto armado iniciou unha investigación para dar co seu paradoiro. O home foi detido en Pontevedra.

Estado no que quedou o coche do arrestado Estado no que quedou o coche do arrestado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade