Publicador de contidos

Publicador de contidos

César Portela será o encargado do novo proxecto de remodelación do Cine Fraga de Vigo

César Portela será o encargado do novo proxecto de remodelación do Cine Fraga de Vigo

Abanca, cando era a propietaria, comezara a reforma hai 10 anos e fora paralizada pola crise. Daquela o director da obra xa era o arquitecto César Portela

Aproximadamente, uns 20 millóns de euros é o que lles custará completar a reforma aos novos propietarios: Xunta e Deputación de Pontevedra

G24.gal 31/07/2025 14:14

Aproximadamente 20 millóns de euros é o que custará completar a reforma do Teatro Cine Fraga de Vigo, que iniciara hai 10 anos Abanca e que fora paralizada pola crise. Agora, os novos propietarios, Xunta e Deputación de Pontevedra, acaban de licitar por un millon de euros a redacción do proxecto arquitectónico co propósito de respectar a intervención xa realizada incorporando as actualizacións necesarias, por cuestións técnicas e de normativa.  

 "Hai unha parte de execución realizada aproximadamente dun 60%. Pero como poden entender, a normativa destes últimos 15 anos sobre todo de seguridade e técnica cambiou moito. E imos ter que reconstruír parte da obra xa feita co mellor estudo que podiamos ter, os mellores compañeiros de viaxe, que é o estudo de César Portela, que xa coñece todas as interioridades deste proxecto", declarou Xosé López Campos, Conselleiro de Cultura

Porque Portela, Medalla de Ouro de Arquitectura en 2023 fora xa autor do proxecto e director da obra iniciada cando o edificio era de Abanca. Cóntase que o novo proxecto básico estea entregado a finais de ano, e que a obra poida comezar no verán ano que vén.

 "A filosodía é continar coa idea inicial que tivemos, que parou hai uns anos. É de respecto a esta obra magnífica de Gutiérrez Soto, un grande arquitecto español, dixo César Portela.

No cine onde viu de neno a primeira película, Portela asume a responsabilidade de finalizar os traballos. Será un grande espazo cultural, flexible e polivalente. 7.000 metros cadrados que pretende converter nun emblema de Vigo e en epicentro da innovación cultural da eurorrexión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade