Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o principal agresor da liorta de Pontevedra

Prisión para o principal agresor da liorta de Pontevedra

O agresor foi detido en Lleida despois de dúas semanas fuxido

A policía dá por finalizada a investigación

G24.gal 16/06/2025 14:20

O mozo ao que as autoridades consideran o autor principal da pelexa de Pontevedra do pasado 3 de xuño, ingresou en prisión de forma provisional, comunicada e sen fianza logo de case dúas semanas fuxido.

A este atribúenselle os feitos máis graves da agresión grupal. O suxeito foi localizado no posto fronteirizo de La Seu d'Urgell. Este ía nun BlaBlaCar destino Francia, co que pretendía pasar a fronteira de forma inadvertida, segundo explicou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.

Logo de localizar o mozo, a Policía Nacional considera que a investigación queda resolta, a expensas do que decida a autoridade xudicial.

Ademais deste sexto detido, a agresión resolveuse con outros cinco detidos, dos cales tres xa estaban en prisión por orde xudicial e outros dous en liberdade con medidas cautelares. Todos están investigados por delitos de lesións agravadas e homicidio en grao de tentativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade