Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía busca os restos de Heidi Paz no parque de Toledo sinalado polo Rei do Cachopo

A policía busca os restos de Heidi Paz no parque de Toledo sinalado polo Rei do Cachopo

César Román, autor confeso do crime remitiu un mapa á Audiencia de Madrid onde detalla a localización dos restos

Nunha carta engade que o homicidio ocorreu na nave onde apareceu a maioría do cadáver e que foi un tío xa falecido o que se desfixo do corpo

G24.gal 16/06/2025 14:16

A Policía Nacional busca as partes do cadáver de Heidi Paz aínda non recuperadas e que o seu asasino, César Román, máis coñecido como o Rei do Cachopo, situou no Parque Arqueolóxico de Toledo.

O resto do corpo apareceu soterrado na nave onde a muller foi asasinada hai case sete anos.

Medio cento de axentes da Policía Nacional e un grupo de drons participan na busca das partes que faltan do cadáver de Heidi Paz, asasinada en agosto de 2018 por César Román, alcumado o Rei do Cachopo.

Buscan zonas de terra removida ou de crecemento anómalo de vexetación. Contan tamén coa axuda dun mapa trazado á man polo propio Román e que sinala a zona do Parque Arqueolóxico de Carranque, en Toledo, onde estaría enterrado o resto do cadáver.

“Houbo un indicio, neste caso era un lugar onde poderían ter enterrado uns restos e o que imos facer é inspeccionar toda a zona indicada por eses indicios para trata de detectalos e dar por pechado o círculo”, din fontes da investigación.

O mapa foi enviado á Audiencia de Madrid por Román, condenado a 15 anos por homicidio e profanación de cadáver, xunto a unha carta na que volvía afirmar que matara a Heidi de xeito fortuíto durante unha discusión.

Como novidade, engadía que o homicidio ocorreu na nave onde apareceu a maioría do cadáver e que pediu axuda a un tío xa falecido para que se desfixese do corpo.

Entre desculpas á familia da vítima, o empresario asegura na carta que non soubo inicialmente que o seu tío desmembrara o cadáver e que lle contou despois de que enterrara os restos que faltan, entre eles a cabeza, no parque de Carranque, un lugar coñecido por ambos desde a nenez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade