Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este martes abre o prazo para solicitar o programa de Benestar en Balnearios da Xunta

Este martes abre o prazo para solicitar o programa de Benestar en Balnearios da Xunta

Ofrece estancias para maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55

Na edición deste ano aumentan as prazas dispoñibles ata superar as 1.275 e tamén aumentan as quendas, que serán 66 en total, repartidas ao longo dos meses de xullo e decembro

Son estancias de 10 días en réxime de pensión completa e poden escoller entre 16 establecementos galegos

G24.gal 16/06/2025 14:20

Corenta e cinco prazas súmanse nesta nova edición, a número once, do programa de Benestar en Balnearios, concibido para promover un avellentamento activo e saudable e tamén para combater a soidade non desexada entre as persoas maiores.

O prezo final para os beneficiarios das axudas oscila entre 350 e 380 euros para estancias de 10 días en réxime de pensión completa. Inclúe tratamentos adaptados ás necesidades de cada usuario, dentro das especialidades terapéuticas de cada balneario.

"O médico fai unha valoración e, en función do seu estado de saúde nese momento, páutalle unha serie de tratamentos", explica Alberto Canal, director de comunicación de Caldaria.

Máis alá dos efectos terapéuticos, os usuarios valoran tamén o benestar que achegan estas augas.

"Serve para relaxarse. Séntese un moi a gusto". "Eu traballei moito con informática e tiña moitas dores neste brazo e pasoume. Agora úsoo como desculpa para volver", comentan dúas usuarias.

O 15 de xullo remata o período de solicitude e dous días despois comezan as estadías, ata decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos