Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tapa española aspira a ser Patrimonio Cultural Inmaterial

A tapa española aspira a ser Patrimonio Cultural Inmaterial

Este luns é o Día Mundial da Tapa, unha das tradicións máis populares en España e estímase que o 60 por cento dos establecementos ofrecen unha tapa de balde coa bebida

Un sinal de identidade da nosa gastronomía que cada ano tamén atrae milleiros de turistas

G24.gal 16/06/2025 13:56

Entre a gran variedade de tapas encontramos as populares como a tortilla, as que nunca defraudan como a de xamón ou as máis innovadoras. Hainas de todos os estilos e gustos.

"A min as que me gustan son a de raxo e a de alioli"; di un mozo, e outra rapaza decantase pola tortilla, 

Foi o rei Afonso X o que implantou esta tradición. E hoxe o 60 por centro dos establecementos españois serven este aperitivo para acompañar as bebidas.

 "En Galicia sérvense as mellores sobre todo en Lugo", asegura un home.

 Hai bares especializados neste bocado. E ir de tapas é unha das prácticas máis estendidas na nosa sociedade durante o noso tempo de ocio.

"Un momento de relaxación, de conversación, de desconectar desta vida tola que levamos", di unha muller.

E tamén son un atractivo máis para os turistas.

"Chegan aquí e dámoslles un petisco e unha tapa e lles gusta moito, sorpréndeos", asegura o hostaleiro José Vázquez. 

Agora este aperitivo aspira a ser declarado manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial. Unha campaña que xa impulsan as asociacións de hostaleiros.

 "Buscamos o recoñecemento da Unesco porque da cidadanía tanto a nivel nacional coma internacional, xa o temos", explica o presidente da Asociación de Hostalería de Galicia, Cheché Real.

A tapa é unha icona gastronómica. Cada ano organízanse concursos e degustacións para potenciar a cultura da tapa, obxecto tamén de atención dos cociñeiros de todo o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade