O autor confeso do crime de Cabanas acolleuse ao seu dereito de non declarar
Está acusado de agredir sexualmente e asasinar a Elisa Abruñedo en setembro de 2013
A Fiscalía pide para el 32 anos de cadea. A acusación particular, 37 anos de prisión.
Roger Serafín Rodríguez senta no banco dos acusados doce anos despois de, presuntamente, agredir sexualmente e asasinar a Elisa Abruñedo.
Estaba previsto que esta mañá prestase declaración, pero acolleuse ao seu dereito de non declarar. Vai ser xulgado por un xurado popular que ao longo de toda a semana, escoitará os relatos que resumen unha década de pescudas.
A Fiscalía pide para o autor confeso de crime de Cabanas 32 anos de cadea: 12 por un delito de agresión sexual e 20 polo delito de asasinato. A acusación particular solicita 37 anos de prisión.
"Amais da agresión sexual, hai unha serie de factores como a ameaza cunha arma e como abandonou o lugar do crime... deixándoa nunha situación de agonía e sufrimento progresivo... no medio do monte. É unha actuación do máis cruel que puido facer".
Os feitos aconteceron, presuntamente, o 1 de setembro de 2013. Dez anos despois, o presunto asasino ingresou na cadea.