Coidado co 'clean look', que pode deixarnos calvos
Dermatólogos advirten de que os peitados tirantes e con fixador fan caer o pelo
E, malia aos riscos, sempre hai quen, máis por comodidade que por moda, non pensa cambiar
Influencers, actrices e cantantes defenden dende hai anos o 'clean look', a estética que aposta por unha imaxe puída co cabelo recollido ben tirante con fixador. Unha moda que tamén ten os seus perigos.
Helga Rivera, da Clínica de Medicina Estética e Dermatoloxía que leva o seu nome, advirte: "As mulleres que levan sempre coleta ou pelo tirante, o pelo sofre moito porque hai un desarraigamento na implantación dos folículos e é posible que queden calvos na zona das entradas, é normal". Numerosas ticktokers dan as claves para o peiteado perfecto.
Na rúa, máis que a tendencia, o que fan e recoller o pelo por comodidade: "Eu primeiro fago a coleta, boto fixador e logo volvo facela para que non me sobren os pelos por alí. Á parte que é moi cómoda cando vai calor porque non te mete calor". "O 'clean look' queda moi ben, sobre todo para ir ás clases, a unha entrevista..., queda moi ben e é moi doado de facer". "Tento estar cómoda cando me peiteo, porque levar todo iso tirante dá unha dor de cabeza importante". "Sempre levo o pelo limpo e atado, sen fixador nin nada".
E, malia aos riscos, sempre hai quen máis por comodidade que por moda non pensa cambiar: "Supostamente pode caer o pelo, que o queimas, pero a verdade é que a min me é moi cómodo e seguirei facéndoo". "Eu arriscareime, porque vou máis cómoda, tampouco boto moito tempo, doulle así co cepillo un pouquiño para atrás e fóra. O que ten que ser será, teño moito pelo, así que eu teño pouca pena por iso".