Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Val do Dubra recadan máis de 24.000 euros para a loita contra o cancro

Os veciños de Val do Dubra recadan máis de 24.000 euros para a loita contra o cancro

Os fondos destínanos de novo á AECC de Santiago e á Fundación de Pediatría do CHUS 

As súas campañas baséanse nunha andaina solidaria e nun espectáculo de humor e baile

'O show dos nosos' está organizado por artistas afeccionados e grupos de baile locais 

G24.gal 28/10/2025 15:12 Última actualización 28/10/2025 17:32

Desde o 2018, a Asociación de Loita contra co Cancro de Santiago e a Fundación de Pediatría do CHUS son os destinatarios da solidariedade dos veciños de Val do Dubra. Agora reciben os máis de 24.000 euros da última campaña. Con iso as entidades manteñen o seu labor habitual de investigación e promoven novas actividades de apoio ao benestar dos doentes e as familias.

Nerea Arceo, membro da Aunta da AECC de Santiago lembra o servizo que prestan con psicólogos, logopedas e fisioterapeutas e Federico Martinón, Xefe do Servizo de Pediatría do CHUS, resalta as sesións de cine que organizaron nunha sala do hospital durante todo o ano pasado coa anterior doazón dos veciños do Dubra, para que os nenos ingresados pasaran o tempo cos seus familiares nun ámbito afable. 

É moi reconfortante saber que hai tanta xente tan boa no Dubra que pensa axudar os rapaces hospitalizados e as familias

Os fondos achegados polos dubreses saen da venda das camisetas dunha andaina solidaria e tamén dun espectáculo único de humor e baile que chaman O show dos nosos.

Toño Piñeiro, o voceiro do grupo promotor do espectáculo e de toda a campaña, di que son artistas locais e afeccionados, pero engade, con retranca, que "non o debemos facer tan mal porque a xente séguenos axudando".

A chispa solidaria saltou en hai sete anos, cando coincidiu unha serie de casos na mesma zona que lles fixo tomar conciencia do problema e os impulsou a promover iniciativas de apoio. Tanto a participación coma a recadación aumentan en cada campaña.

Nesta cuarta edición participaron máis de mil cincocentas persoas. O lema que levan estampado nas súas camisetas solidarias é que un sorriso é a mellor cura contra o cancro. A boa acollida das súas iniciativas fan que ese tratamento patrocinado polos veciños do Dubra chegue cada vez a máis pacientes.

As entidades destinatarias dos fondos resaltan que, máis aló do económico, é moi reconfortante recibir o empuxe solidario de toda unha comunidade

Grazas, grazas e máis que grazas a todos dubreses e dubresas; de corazón que se agradece! 

Na IV edición de Val do Dubra Contra o Cancro participaron máis de 1.500 veciños Na IV edición de Val do Dubra Contra o Cancro participaron máis de 1.500 veciños
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade