Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha peiteadora de cans de Ourense ofrece o seu traballo aos animais afectados polso incendios

Unha peiteadora de cans de Ourense ofrece o seu traballo aos animais afectados polso incendios

A peiteadora di que se compromete a facer de balde, mesmo a domicilio, os servizos de lavado, corte, peiteado, tratamento de feridas e outras afeccións que o lume puido causar nos cans

Unha peiteadora de cans de Ourense ofrece os seus servizos de balde para coidar as mascotas
G24.gal 28/08/2025 21:07 Última actualización 28/08/2025 21:29

Sucédense as iniciativas solidarias para axudar de todos os xeitos posibles ás vítimas dos incendios. Entre os damnificados están tamén os animais domésticos. Son en moitas ocasións vítimas silenciosas das traxedias. E sufriron tamén ao seu xeito esta vaga de incendios. Algúns foron alcanzados polas lapas non sobreviviron. Outros tiveron máis sorte pero sufriron intoxicacións ou queimaduras ao entrar en contacto coas cinsas. 

Unha peiteadora de cans de Ourense ofrece os seus servizos de balde para coidar as mascotas. 

"Dentro das guedellas adoita quedar cinsa atrapada, que cómpre limpar. Dependendo do grao das feridas, pois hai que aplicar remedios naturais ou outros. Non só na pel, tamén sofren afeccións por exemplo na respiración, e se algo podemos facer para que non empeore, pois aí estamos", di Andrea Vázquez, que rexenta un salón de peiteado para cans en Ourense.

Andrea ofrécese para atender no que sexa preciso, totalmente de balde, as mascotas que viven en zonas afectadas polos incendios. Mesmo acudindo aos domicilios.

"Non me importa desprazarme, totalmente de balde para darlle os servizos que precisen para as mascotas, á hora que sexa", asegura Andrea.

Como psicóloga canina emprende esta iniciativa solidaria porque os nosos amigos senten as traxedias igual que as persoas.

"E frústranse igual ca nós. Saturan igual ca nós e tamén necesitan o seu espazo, coma nós", di a peiteadora.

Nas súas redes sociais piden que lle informen de animais en malas condicións debido aos incendios e que non teñan ninguén que os coide.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade