Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na praia de Area, en Viveiro, hai un salón de peiteado ao aire libre xunto ao areal

Na praia de Area, en Viveiro, hai un salón de peiteado ao aire libre xunto ao areal

A iniciativa xurdiu cando no Resurrection Rest varias persoas que querían retocar o seu aspecto preguntaban onde facelo

O salón de peiteado manterase durante o verán, mentres o tempo o permita

O servizo manterase ata finais de verán en función do tempo
G24.gal 29/07/2025 20:43 Última actualización 29/07/2025 20:57

Foi durante o Resurrection Fest cando varias persoas que querían retocarse preguntaban onde podían facelo, así que a dona deste bar de Area, en Viveiro, habilitou un espazo para elo.

Explica Richard Lage, que é quen se ocupa do servizo, que "sempre ando co maletín e as tesoiras e nas horas baixas do festival estiven facendo cortes de pelo".

A iniciativa foi ben acollida desde o primeiro momento, de feito pensa en ampliar os días de traballo neste improvisado tocador situado sobre a area e a escasos metros da beira do mar. Aclara que "a idea era que fose para xente de fóra, pero está chamando a atención a moita xente". A dona do bar, Marina Dovale, asegura que "hai xente que vén de turista e retócase o pelo aquí porque así non vai a un salón de peiteado". 

O servizo manterase ata finais de verán en función do tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade