Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viveiro quenta motores para o Resurrection Fest

Viveiro quenta motores para o Resurrection Fest

O festival comeza o próximo mércores e rematará o sábado tras catro xornadas de música

G24.gal 25/06/2026 13:57

Viveiro quenta motores xa para un dos eventos máis esperados do ano: o Resurrection Fest. Un festival que xa e referencia a nivel nacional e que atrae preto de 150.000 persoas ao concello lucense en catro días cheos de música. Os hoteis da zona esperan un cheo absoluto.

"Temos todo completamente reservado. Os catro días de festival a tope. Moita xente que marcha reserva xa para o próximo ano. Dende marzo non temos xa cuartos", explica Yolanda Sánchez, do Hotel U Viveiro.

E entre os veciños de Viveiro, boas caras, levan xa 20 anos cos amantes do festival e nunca tiveron maiores problemas, todos son benvidos.

"A xente é moi tranquila, boa xente. Eu os vexo todos os anos e son pacíficos. Son ordenados e non dan problemas, veñen ao deles", comentan os veciños de Viveiro.

Notan tamén o efecto os comercios, son días grandes que se poden comparar incluso coa Semana Santa. Polo momento son xornadas de montaxe, pero a partir do próximo mércores Viveiro recibirá grupos como Sabaton ou Iron Maiden. Catro días de música positivos tamén para os comercios locais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade