Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conta atrás para o inicio do Resu máis ambicioso

Conta atrás para o inicio do Resu máis ambicioso

Os organizadores contan con que nesta edición se batan todos os récords

40 millóns de euros de impacto económico, con máis de 1.500 empregos directos e 4.000 indirectos

Agárdase que nos catro días do festival asistan máis de 140.000 persoas

Últimos preparativos no recinto do Resurecctión Fest
G24.gal 30/06/2026 08:39

Faltan só un día para que Viveiro se converta na capital europea do rock, o metal e o hardcore. O mércores arranca o Resurrection Fest, que este ano aposta por bater os seus propios récords. Agárdase que nos catro días do festival asistan máis de 140.000 persoas.

Cunha chuvia fina coa que non contaban apúranse os últimos traballos para que todo volva comezar. Os catro escenarios do Resurrection Fest van pasar en poucas horas deste espazo baleiro a un cheo total. 

Porque este ano, na súa vixésimo primeira edición, queren volver bater récords e superar a histórica edición do ano pasado. 

"Son case 100 artistas e catro escenarios. Pensamos que esta edición ten todos os ingredientes para ser a máis ambiciosa da historia do festival, comenta o seu director", Iván Méndez. 

Un formato e sobre todo un cartel moi atractivo avalan o éxito do Resurrection, que segue cumprindo as fantasías daquel grupo de rapaces que hai 20 anos querían traer á súa vila os grupos que idolatraban. Este ano con grandes cabezas de cartel, di Iván.

"Contamos con artistas como Iron Maden que so van facer dous concertos en España. Un deles en Viveiro e iso para nos é un grande orgullo. Si nos dixeran esto hai vinte anos diríamos que era algo completamente imposible".

O festival comeza o mércores con Sabaton, que tamén repiten, como principal atractivo. Nos seguintes tres días pasaran bandas con Limp Bizkit, Antrax ou a primeira vez do 'reverendo' Marilyn Manson, que estará o sabado no Resu. Agárdanse máis 140.000 asistentes de todo o mundo.

"Vendemos entradas en máis de 40 países e a cobertura mediática é cada vez máis internacional, de feito, este ano, contamos con prensa dos EUA. Levamos moitos anos traballando, traendo aquí os mellores artistas dos xéneros musicais que traballamos. Iso fai que cado ano Viveiro e o Resurrection Fest sexa máis coñecido", di Esteban Girón, director de comunicación do festival.

Serán catro días de música, catro escenarios e máis de 80 bandas. O Resu xa está aquí! 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade