Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viveiro prepárase para recibir a Iron Maiden ou Marilyn Manson: Comeza o Resurrection Fest

Viveiro prepárase para recibir a Iron Maiden ou Marilyn Manson: Comeza o Resurrection Fest

Un cento de grupos, entre eles cinco galegos, pasarán nesta edición polos catro escenarios do recinto

Público xogando á baralla á espera da apertura das portas do festival
Félix Aragunde 01/07/2026 13:55

Dende primeira hora, unha marea de camisetas negras peregrinou ata Celeiro para recoller as entradas do Resu. E xa coas pulseiras, houbo quen agardou toda a mañá ás portas do festival, que este ano ten como cabezas de cartel bandas tan míticas como Marilyn Manson ou Iron Maiden. 

Nos catro escenarios do festival, en total tocarán un cento de grupos de Metal chegados de medio mundo. Entre eles, este ano haberá unha maior presenza de mulleres e ata cinco bandas do país, coma os viveirenses Not Yet. Outros conxuntos galegos que acoden ao evento son Arson Tides, de Cangas, Pants Off, da Estrada, Her Anxiety, de Vigo, e Crowded, da Coruña.  

Na xornada inaugural do Resurrection Fest 2026 encabezan o cartel os suecos Sabaton.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos