O Resurrection Fest dá o pistoletazo de saída a unha fin de semana chea de plans en Galicia
Viveiro acolle unha nova edición do festival, mentres Tom Jones, Deep Purple ou Leiva, entre outros, completan a oferta de ocio
Foto Arquivo / Carlos Castro / Europa Press
A chegada e xullo trae unha intensa programación cultural e festiva en Galicia. Concertos de artistas internacionais, festivais urbanos, competicións deportivas e numerosas festas populares enche a axenda dunha fin de semana con propostas para todos os públicos.
Grandes concertos
Deep Purple (Vigo, 2 de xullo): a hisorica banda británica actúa no Auditorio de Castrelos coa súa nova xira europea.
Leiva (Vigo, 4 de xullo): o artista madrileño chega a Castrelos cun novo espectáculo.
Tom Jones (A Coruña, 3 de xullo): o cantante galés ofrece un concerto no Coliseum.
Pablo Alborán (A Coruña, 4 de xullo): o artista malagueño presenta o seu Global Tour KM0.
Festivais para todos os gustos
Resurrection Fest (Viveiro, do 2 ao 5 de xullo): un dos maiores festivais de Rock e Metal de Europa acolle a milleiros de asistentes con bandas internacionais e nacionais
Atlantic Pride (A Coruña, 1 de xullo ao 5 de xullo): concertos, actividades culturais e actos reivindicativos en diferentes espazos da cidade.
Silfest Valdeorras (Ourense, 2,3,4 xullo); música, viño, e actividades na contorna do río Sil.
Corgo Beach Festival (3 de xullo, Muíños): festival de música electrónica e lecer na contorna do encoro.
O Son de Vilanova Fest (4 de xullo, Vilanova de Arousa): concerto temático dedicado aos grandes éxitos dos anos 80.
Motor e deporte
Rali Recalvi Rías Baixas (Vigo, do 3 ao 4 de xullo): unha nova edición da histórica proba do Campionato de España.
Rompetiño Jump (Porto do Son, 3 ao 5 xullo): deporte urbano, música e actividades na praia.
Historia e tradición
Feira Medieval (Padrón, 3 ao 5 de xullo): mercado, espectáculos e ambientación medieval nas rúas da vila.
Asalto ao Castelo (Vimianzo, 2 ao 5 de xullo): recreación histórica da revolta irmandiña con representacións, concertos e actividades.
Outras citas
Festas do Verán (3, 4, 5 e 6 xullo, Boiro) programación con concertos, verbenas e actividades durante toda a finde semana.
Entroido de Verán (3 de xullo, Salceda de Caselas): desfile, música e ambiente festivo recuperando a tradición do carnaval estival.