Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous acusados de traficar con droga no Resurrection aceptan tres anos de prisión

Dous acusados de traficar con droga no Resurrection aceptan tres anos de prisión

A condena queda suspendida ao atopárense ambos en tratamento de desabituación e careceren de antecendentes penais 

G24.gal 29/06/2026 15:07

Dous mozos acusados de traficar con drogas durante a celebración do Resurrection Fest aceptaron unha condena de tres anos de prisión e o pagamento dunha multa de 1.396 euros cada un tras chegar a un acordo de conformidade coa Audiencia Provincal de Lugo.

Os dous, sen antecedentes penais, recoñeceron os feitos e beneficiáronse da atenuan de drogadicción. A Fiscalía tivo en conta que eran consumidores habiuais no momento dos feitos e que actualmente seguen un tratamento de deshabituación con evolución favorable, polo que a execución pola pena de prisión quedará suspendida sempre que cumpran as condicións fixadas pola xustiza. 

Os feitos remóntanse ao 26 de xuño de 2025, cando ambos acudiron ao festival e Viveiro coa intención de vender substancias estupefacientes. A Policía Nacional localizou unha mochila e no vehículo no que chegara ao recinto ketamina, MDMA, cannabis, marihuana, 2C-B, decenas de pastillas de éxtase, unha balanza de precisión e 245 euros e efectivo. 

Segundo o informe pericial, o valor da droga intervida ascendía a 1.396, 24 euros. Inicialmente, a Fiscalía solicitaba para cada un catro anos de prisió e unha multa de 3.900 euros, pero o acordo permitiu rebaixar a condena a tres anos de cárcere e unha multa equivalente ao valor das substancias incautadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade