Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os salóns de peiteados presentan axendas completas nestas datas

Os salóns de peiteados presentan axendas completas nestas datas

A clientela xa non se peitea exclusivamente para a Noiteboa e a Noitevella

Queren lucir ben todo o mes para os encontros con amigos e as ceas de empresa

 

G24.gal 13/12/2025 13:58 Última actualización 13/12/2025 14:16

Decembro é un dos meses de máis traballo nos salóns de peitados. Visitamos dous, un no Milladoiro e outro no centro de Santiago. Atopámolos a pleno rendemento. Teñen a axenda completa nestas datas.

"Xa non hai nada. Para o mes de decembro está todo ocupado. Neste mes hai que pedir a cita quince ou vinte días antes", dinos Julia González, responsable do salón Julia G do Milladoiro.

"Estamos un pouquiño a rebordar porque todo o mundo quere ter a mellor cara, as mellores galas e a mellor presenza para gozar das festas", explica Manuel Bandín, director xerente do salón MUM de Santiago.

Isto pasa de sempre, pero houbo cambios na demanda. Actualmente non son nin a Noiteboa, nin a Noitevella, os días en que a clientela busca lucir mellor. 

"Hoxe en día é traballo todo o mes porque hai moitos eventos, moitas ceas de amigos, de traballo, e a xente quere estar ben todo o mes", subliña o director do salón MUM de Santiago.

"As ceas de empresa é onde a xente quere lucir máis guapa. Ao final, cando vas cear á casa da túa nai vente sempre guapa", afirma a responsable do salón Julia G do Milladoiro.

Neste contexto pídense menos que antes peiteados para un día, como os moños. 

"A clientela pide ter a cor bonita o corte bonito, quizais o corte e o peiteado que lles sexa máis fácil facer logo elas na casa", puntualiza Gabriela Juncal, peiteadora no salón G do Milladoiro.

Os dous salóns son unisex, pero fálannos basicamente da demanda das mulleres porque, segundo explican, os homes non se rexen tanto polas festas á hora de arranxar o pelo.

"Cada mes, mes e medio, haxa festas ou non, imos ao salón de peiteados a cortar o pelo, a barba", precisa Manuel Bandín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade