Os salóns de peiteado e a súa presenza no rural
A clientela valora especialmente a súa proximidade no trato e os prezos competitivos
Berta abriu o seu salón de peiteado hai vinte anos. Conta que moi noviña e embarazada da súa primeira filla. Di que, malia as dificultades, non cambia o rural pola cidade. Os horarios aquí semellan orientativos, porque na medida do posible intenta que ninguén quede sen atender. A clientela chega dende Rairiz, as aldeas próximas ou mesmo dende Ourense.
A poucos quilómetros de alí, en Vilar de Santos, atopamos a Camila. Colleu o negocio hai tan só un mes. Conta que dende que abriu non lle faltaron clientes. Tampouco fóra destas paredes, no servizo a domicilio. E, malia levar pouco tempo no negocio, di que ve o futuro con optimismo. As dúas coidan ter acertado coa súa decisión e contribuír desta maneira a darlle vida ao noso rural.