A gasolineira da Praza de España de Vigo dará paso a unha construcción residencial
O Novo Plan de Ordenación Municipal de Vigo está xa listo para encarar unha gran transformación de tres grandes parcelas desta zona
O concello de Vigo aprobará de forma definitiva o convenio urbanístico que transformará céntrica praza de España de Vigo e que suporá a desaparición dunha gasolineira que levaba alí desde o comezo dos anos oitenta.
Case cincuenta anos levan os vigeses convivindo, e servíndose, desta gasolineira entre San Amaro e Gran Vía. O Novo Plan de Ordenación Municipal de Vigo está xa listo para encarar unha gran transformación de tres grandes parcelas desta zona. Na parcela 3, onde está esta área de servicio a previsión é a creación dunha construcción residencial con zonas verdes.
Así que esta imaxe tan recoñecible da gasolineira no medio e medio do barullo, do ir e vir de coches, unha imaxe moi vinculada á cidade, dará lugar a unha praza maiormente peonil, con menos tráfico e máis moderna.
Quedará a estatua de bronce de 1991 de Juan Oliveira, a dos cabalos, como un símbolo da cidade.