Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, primeira comunidade en tratar con terapias xénicas a hemofilia tipo B

Galicia, primeira comunidade en tratar con terapias xénicas a hemofilia tipo B

Investiranse 15 millóns de euros en dous anos para tratar os oito primeiros pacientes

G24.gal 16/06/2025 15:13

Un total de 200 pacientes con ELA reciben cada ano en Galicia axudas directas da Xunta. Son cartos que permiten afrontar desde os gastos máis básicos para facerlle fronte á enfermidade, como é o caso da alimentación ou a fisioterapia, como outros de máis contía como pode ser a reforma da vivenda ou a compra dun vehículo adaptado.

Esta é a terceira edición dunha iniciativa pioneira en España que achega ata 12.000 euros a cada paciente; un esforzo, di o presidente da Xunta, ao que se suma a axilizacion do diagnóstico e dá axudas á dependencia.

"Reclamar o que veñen pedindo de xustiza os enfermos de ELA desde hai meses. Desde novembro hai unha lei de ELA aprobada co consenso de todos, pero sen os fondos necesarios a día de hoxe", explica Rueda. 

Na reunión do Consello da Xunta tamén se deu un paso adiante no tratamento das enfermidades raras. Galicia convértese na primeira comunidade en tratar os pacientes de hemofilia de tipo B con terapias xénicas. En Galicia hai neste momento un total de 51 pacientes, 37 homes e 14 mulleres, afectados por esta enfermidade hereditaria.

"A previsión é que inicialmente poidan beneficiarse 8 pacientes. Administraráselles o único tratamento que existe a actualidade que permite curar total ou parcialmente esta enfermidade", explica o xefe do Goberno galego. 

A aplicación destes tratamentos prevé un investimento nesta primeira fase de máis de 15 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade