Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta acorda recorrer ante o Constitucional contra o decreto de repartición de menores migrantes

A Xunta acorda recorrer ante o Constitucional contra o decreto de repartición de menores migrantes

O presidente da Xunta considera que o decreto estatal non ten en conta as comunidades autónomas a pesar de que van ser as que executen o imposto polo Goberno central

Ademais de anunciar o recurso, Rueda volveu chamar a atención en relación a que, se hai algunha distribución de menores non acompañados, Galicia e o resto de comunidades autónomas necesitan dunha planificación previa e de financiamento

Chegada cun barco con inmgirantes ás Canarias (Antonio Sempere-Europa Press)
G24.gal 16/06/2025 14:12

O presidente da Xunta Alfonso Rueda anunciou que o Goberno galego acordou na súa reunión semanal, celebrada este luns, presentar recurso ante o Tribunal Constitucional contra o decreto estatal que regula a repartición de menores migrantes non acompañados. A principio de mes, o Executivo autonómico pedira informe ao Consello Consultivo, que, segundo indicou Rueda, proporcionou un ditame detallado que achega argumentos xurídicos sólidos para impulsar un recurso da comunidade autónoma.

O principal, segundo Rueda, é que invade competencias das autonomías en materia de asistencia social e de protección aos menores. Tamén se considera que o decreto estatal non ten en conta as comunidades autónomas a pesar de que van ser as que executen o imposto polo Goberno central e tamén que non é a figura legal adecuada, xa que os decretos lei están pensados para casos urxentes.

Ademais de anunciar o recurso, Rueda volveu chamar a atención en relación a que, se hai algunha distribución de menores non acompañados, Galicia e o resto de comunidades autónomas necesitan dunha planificación previa e de financiamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade