Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home que supostamente matou a súa muller en Almería

Detido un home que supostamente matou a súa muller en Almería

As primeiras pescudas apuntan a que foi acoitelada, e investígase se pode tratarse dun novo episodio de violencia machista

O home tentou suicidarse lanzándose por un barranco

A muller non estaba no sistema Viogen, e o seu home non tiña denuncias previas

A Policía Nacional xa detivo o suposto asasino (EFE/ Carlos Barba)
G24.gal 28/06/2025 08:36

 O home de 60 anos que supostamente asasinou a súa muller, de 63, nunha vivenda da travesía de San Luís, en Almería capital, tentou suicidarse lanzándose co seu vehículo por un barranco nas inmediacións de Pechina, segundo informaron a EFE fontes próximas ao caso.

O home, identificado como J.I.M., foi atendido por un equipo médico de Benahadux e trasladado a un centro hospitalario.

Axentes da Policía Nacional procederon á súa custodia e detención, no marco da investigación aberta polo crime.

A vítima foi achada sen vida sobre as 20:10 horas deste venres no seu domicilio, despois de que unha veciña alertase ao 112 ao escoitar berros. Foi a propia nai a que atopou morta a muller.

A Policía confirmou o seu falecemento e activou o protocolo xudicial e científico, e non se descarta que poda tratarse dun novo episodio de violencia machista. As primeiras pescudas apuntan a que foi acoitelada.

Por parte da Delegación do Goberno, precisan a Europa Press que a muller non constaba no sistema VioGén, e engaden que non recaían denuncias previas sobre o arrestado. 

Se a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirma finalmente este como un asasinato machista, a cifra de vítimas mortais por esta causa ascendería a 21 no que vai de ano e a 1.315 os feminicidios no ámbito da parella desde 2003.

No caso de certificarse este caso en Almería, serían 9 os feminicidios rexistrados en xuño, aos que hai que sumar o asasinato vicario dun menor de 2 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade