Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TSXG confirma a sentenza de 23 anos de cárcere para o home que asasinou a súa parella na Coruña

O TSXG confirma a sentenza de 23 anos de cárcere para o home que asasinou a súa parella na Coruña

Foi declarado culpable dun asasinato consumado

Confirmouse que acoitelou a falecida co propósito de rematar coa súa vida

O condenado durante o xuízo (M. Dylan/Europa Press) O condenado durante o xuízo (M. Dylan/Europa Press)
G24.gal 25/06/2025 15:22

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña en que condenaban a 23 anos de prisión o home detido por asasinar a súa parella no barrio coruñés do Birloque no 2021.

Ao acusado adxudícanselle delitos de asasinato consumado, coa concorrencia das circunstancias agravantes de parentesco e xénero.

Tamén se lle impuxo a prohibición de aproximarse e comunicarse cos fillos e co pai da vítima durante 30 anos.

O Tribunal do Xurado considerou probado que o home mantivo unha discusión coa súa parella na noite do 14 ao 15 de setembro, motivada pola decisión da muller de querer terminar coa relación.

O home non aceptou esa decisión, advertíndoa de que "se ía arrepentir". Na tarde do día seguinte o condenado accedeu á vivenda da falecida.

Tamén se probou que lle atestou varias coiteladas co propósito de acabar coa súa vida, sen que ela puidese ter posibilidade de reaccionar nin defenderse do ataque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade