Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prisión un cura de Burgos por enganar a menores para facerse con imaxes íntimas

A prisión un cura de Burgos por enganar a menores para facerse con imaxes íntimas

Facíase pasar por unha muller para obter as imaxes íntimas das súas vítimas

A investigación segue aberta e polo momento descoñécese o número de vítimas

G24.gal 28/06/2025 08:11

Un sacerdote de Burgos ingresou en prisión este venres tras ser detido pola Policía Nacional como suposto autor dun delito de exhibicionismo, ao parecer por enganar a menores de idade facéndose pasar por unha muller e obter así imaxes íntimas das súas vítimas, cuxo número se descoñece polo momento ao manterse aberta a investigación.

A través dun comunicado, o Arcebispado de Burgos ofreceu a súa "total colaboración" coas autoridades e ordenou o procedemento de investigación previa, que inclúe medidas canónicas, entre elas a suspensión cautelar do ministerio sacerdotal.

Ante estes feitos, o Arcebispado manifestou a súa "proximidade, dispoñibilidade e apoio ás vítimas e as súas familias", e lamentou "profundamente o dano que se puido ocasionar" por este sacerdote, a quen tamén ofrecen "o acompañamento necesario para abordar esta situación" e "consolo á súa familia".

A detención deste home tivo lugar en Burgos o pasado mércores, despois dunha investigación iniciada por mor da denuncia dunha familia que detectou que o seu fillo enviara a través do seu teléfono fotos dos seus xenitais a unha persoa, segundo publicaron esta tarde Diario de Burgos e El Correo de Burgos.

Inicialmente pensaron que se trataba dunha muller que llas pediu a cambio de mostrarlle ela os seus peitos, pero os policías rastrexaron o móbil desde o que se realizou esa proposta e comprobaron que o seu titular era un home, ao parecer este sacerdote detido agora.

A investigación segue aberta para determinar o alcance destas prácticas e localizar a posibles vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade