Convenio entre a Xunta e Agaela para atender pacientes de ELA a domicilio en Galicia
A Consellería de Política Social asinou coa Asociación de Afectados por ELA un convenio de cen mil euros que permitirá atender pacientes en toda Galicia
Esta sinatura reflicte a aposta da Xunta polo financiamento do proxecto VivELAdigna, unha iniciativa impulsada por AGAELA que permitirá contratar persoal especializado para atender a pacientes de ELA a domicilio en toda Galicia con equipos itinerantes de psicólogos e fisioterapeutas.
A Manuel diagnosticáronlle ELA no mes de febreiro e aínda lle custa enfrentarse a esta realidade, a pesar de que está no primeiro estadío da enfermidade. Di que de momento se desenvolve ben e que aínda conserva a autonomía, pero recoñece que comeza a ter dificultades coa fala.
A Xunta está a tramitar unha nova orde de axudas dirixida a persoas diagnosticadas con ELA ademais de asinar este convenio de colaboración.
A asociación recibirá este sábado en Santiago a Medalla Castelao, en recoñecmento ao seu apoio e compromiso coas persoas afectadas por ELA.