Cargando resultados...
Morre a viguesa Susi Seoane, abandeirada da loita contra a ELA
Tiña 51 anos, e sempre loitou por dar visibilidade a esta patoloxía e polos dereitos dos que a padecen
G24.gal
28/01/2026 21:22
Susi Seoane, quen abandeirou en Galicia a loita contra a ELA, a esclerose lateral amiotrófica, morreu aos 55 anos.
A viguesa recibira o diagnóstico en 2021, cando tiña 51 anos. Non deixou de pelexar polos dereitos de quen padece esta patoloxía e por dar visibilidade á súa realidade.
A Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica, Agaela, recibiu a Medalla Castelao na última edición. Foi Susi Seoane, en calidade de vicepresidenta da asociación, quen recolleu a distinción.