Publicador de contidos

Publicador de contidos

Beiras será despedido este venres cunha homenaxe no Museo do Pobo Galego

Beiras será despedido este venres cunha homenaxe no Museo do Pobo Galego

Os seus achegados agradecen que se respecte a súa intimidade e pide que non se acuda ao domicilio familiar

Arquivo Europapress Arquivo Europapress
G24.gal 08/10/2026 09:38 Última actualización 08/10/2026 09:59

O histórico dirixente do nacionalismo galego Xosé Manuel Beiras terá a súa derradeira homenaxe este venres na sala de despedida instalada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

A familia de Beiras informou con profunda dor do seu falecemento nun comunicado, no que destacou que foi unha das figuras máis relevantes da historia política galega contemporánea e referente do nacionalismo galego.

As persoas que desexen renderlle unha última homenaxe poderán facelo na sala de despedida instalada no Museo do Pobo Galego, aberta a partir do mediodía de mañá venres.

Ademais, haberá un acto público de homenaxe aberta á cidadanía que se celebrará o mesmo venres ás 16.00 horas, no citado museo da capital galega. "A familia agradece que se respecte a súa intimidade e non se acuda ao domicilio familiar", solicitou.

Beiras, fundador de Anova tras a súa saída do BNG e referente da vida política, social e académica, morreu aos 90 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade