Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o dianteiro do Tenerife Jesús de Miguel

Morre o dianteiro do Tenerife Jesús de Miguel

Sufriu o luns un choque brutal co porteiro do Andorra 

Tivo esta madrugada un empeoramento neurolóxico

G24.gal 03/11/2026 09:56

O dianteiro do Tenerife Jesús de Miguel morreu esta mañá como consecuencia do impacto sufrido co porteiro do Andorra durante o partido disputado este luns.

"Co corazón roto pola dor, cun nó na gorxa e sen poder crer que isto sexa verdade, desde o C. D. Tenerife comunicamos o tráxico falecemento, este martes, día 3 de novembro de 2026, ás 8:00 horas, de Jesús de Miguel Alameda", comunicou o club.

O Tenerife informou do tráxico desenlace nas súas redes sociais: "Non hai palabras de consolo; non hai absolutamente nada que poida aliviar este sentimento cheo de tristura. Estamos ao carón da súa desolada familia, dos seus seres queridos e de todo o tinerfeñismo, que hoxe chora por este cruel desenlace".

Jesús de Miguel sufriu esta madrugada un empeoramento no seu estado neurolóxico logo de ser ingresado de urxencia o luns pola noite no Hospital Universitario Nuestra Señora de Candelaria (en Santa Cruz de Tenerife) tras un brutal choque co porteiro do Andorra Jesús Owono que lle provocou unha parada cardiorrespiratoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar