Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo varios menores

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo varios menores

O coitelo, de 22 centímetros, foi recuperado polos funcionarios, que se entrevistaron cos menores

Os mozos relatáronlles que foran ameazados polo sospeitoso e achegaron vídeos con gravacións do sucedido

G24.gal 24/06/2025 11:45

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas un home, investigado por un suposto delito de ameazas graves, tras esgrimir unha arma branca ante varios menores. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na avenida de Madrid, a onde acudiron dotacións do 092 tras seren alertadas da presenza dun home que estaba a ameazar cun coitelo varios menores.

Os axentes lograron localizar o sospeitoso, que escondía o coitelo baixo a súa chaqueta e que, ao decatarse da presenza dos policías, tratou de desfacerse del. O coitelo, de 22 centímetros, foi recuperado polos funcionarios, que se entrevistaron cos menores. Os mozos relatáronlles que foran ameazados polo sospeitoso e achegaron vídeos con gravacións do sucedido. O detido foi posto á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade