Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home por asalto violento a unha muller de 78 anos en Tordoia

Deteñen un home por asalto violento a unha muller de 78 anos en Tordoia

O agresor invadiu o domicilio e utilizou unha arma branca contra a muller

Un familiar e un veciño puideron axudar a anciá, mais o agresor xa fuxira

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 24/06/2025 10:55

A Garda Civil detivo este pasado luns un home de Vila de Cruces (Pontevedra), como presunto autor dun brutal asalto e agresión con arma branca a unha muller de 78 anos na súa vivenda en Tordoia (A Coruña). 

Segundo informa a Benemérita, os feitos ocorreron o pasado 24 de maio, cando o home abordou á vítima no seu domicilio. O agresor, co rostro cuberto, atacou a muller cun coitelo, tirouna ao chan e esixiulle diñeiro. 

A anciá puxo resistencia, polo que o agresor propicioulle varios cortes nunha man coa arma e púxolle un saco na cabeza.

Logo, o agresor arrastrou a vítima polo pelo e meteuna nunha adega ás escuras para logo fuxir. Ela, que levaba o seu móbil, alertou un veciño e un familiar, quen acudiu e a atopou nun estado de gran nerviosismo, con manchas de sangue e hematomas por todo o corpo.

A investigación identificou o vehículo do agresor e a identidade do mesmo. Na operación os axentes localizaron un coitelo con restos de sangue da vítima no vehículo do detido, que foron analizados polo Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro da Universidade de Santiago.

O home será posto á disposición do Xulgado de Garda de Lalín. A investigación segue en proceso no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Ordes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade