Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo asalto de madrugada en dúas cafeterías de Fene e Ferrol

Novo asalto de madrugada en dúas cafeterías de Fene e Ferrol

Os ladróns romperon os cristais e foron directos á comecartos, pero fuxiron sen botín

Nas últimas semanas varios hostaleiros da zona denunciaron roubos moi semellantes

G24.gal 18/02/2026 13:59

A preocupación esténdese entre os hostaleiros de Ferrolterra, porque os asaltos non cesan. Os últimos sucederon na madrugada do martes, primeiro nunha cafetería de Fene, e media hora despois noutra do barrio ferrolán de Canido.

Nos dous casos os ladróns estiveron moi rápidos, actuaron en cuestión de segundos. Entraron polo burato do cristal e foron directos á recadación da comecartos. Pero ao escoitar as alarmas e comprobar que as máquinas estaban blindadas, escaparon á carreira.

Hai unhas semanas outro hostaleiro da zona era vítima dun asalto practicamente igual, só que a el si lle levaron 1.500 euros. E antes que a el, xa lles entraran a outros compañeiros.

Malia que os roubos desta semana quedaron en tentativa, os donos puxeron denuncia ante a Policía Nacional. Porque levaron un bo susto, porque tiveron danos materiais e porque agardan que os deteñan antes de que a ondada siga medrando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade