Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor de autobús dá positivo en drogas cando ía buscar un grupo de 60 menores para ir de excursión

Un condutor de autobús dá positivo en drogas cando ía buscar un grupo de 60 menores para ir de excursión

Ante esta situación, os funcionarios notificaron o ocorrido á empresa responsable e inmobilizaron o vehículo

Policía Local Redondela Policía Local Redondela
G24.gal 23/06/2025 14:15

A Policía Local de Redondela interceptou este luns un condutor de autobús que deu positivo en drogas cando se dirixía buscar un grupo de 60 menores para ir de excursión a Asturias.

Os feitos ocorreron na mañá deste luns na zona de Chapela, en Redondela. Alí, os axentes deron o alto ao home, comprobando a súa documentación primeiro para posteriormente realizarlle probas de alcol e outras drogas, dando positivo esta última. Por iso, foi proposto para sanción á espera da súa confirmación no laboratorio.

Ante esta situación, os funcionarios notificaron o ocorrido á empresa responsable e inmobilizaron o vehículo ata que se enviou outro condutor substituto, que tamén foi sometido ás probas pertinentes, dando negativo e facéndose cargo do desprazamento dos menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade