Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home golpea a outro cun fouciño en Ribeira mentres profire ameazas

Un home golpea a outro cun fouciño en Ribeira mentres profire ameazas

Sospeitase que é un novo episodio relacionado coa droga 

A agresión produciuse na praza do Concello e a plena luz do día, e uns veciños gravaron a agresión

Os veciños din que é un capítulo máis que se suma aos numerosos roubos e episodios similares que se están producindo en Ribeira
 

Imaxe do momento das ameazas co fouciño, en Ribeira
G24.gal 22/06/2025 13:08

Os veciños de Ribeira levaron un bo susto. Un home cun fouciño na man foi cara a outro e deulle varios golpes con el. A agresión produciuse a plena luz do día.

O home vai co fouciño na man pola praza do Concello; alí diríxese directamente cara a outra persoa que estaba sentada no chan e dálle varios golpes.

As persoas que estaban ao seu redor recrimínanlle o que está facendo. Pero el segue co fouciño na man, visiblemente alterado. A escena puido ser gravada por veciños do lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade