Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova intervención arqueolóxica na muralla defensiva do Castro de Doade

Nova intervención arqueolóxica na muralla defensiva do Castro de Doade

É xa a novena campaña e, neste caso, céntrase na consolidación e conservación da dobre muralla defensiva do castro

Tamén van completar a visita cunha experiencia en realidade aumentada para ver o castro no seu estado orixinal

G24.gal 22/06/2025 13:15 Última actualización 22/06/2025 13:16

O Castro de Doade, en Lalín, é un xacemento que data do século IV a. C. e que leva máis de 15 anos cun proxecto de posta en valor do seu patrimonio cultural e histórico. 

Esta novena campaña, que se prolonga durante o mes de xuño, céntrase na dobre muralla defensiva e constitúe a segunda fase do proxecto de converter o castro en museo.

"Unha campaña de museízación e de conservación e restauración dos restos para que poidan quedar á vista e se poidan gozar por parte do público", explica Vanesa Trevín, a arqueóloga directora da campaña.

Ademais de conservar e deixar visibles os achados arqueolóxicos deste Castro de Doade, o obxectivo final é completar a experiencia cunha visita virtual en realidade aumentada que mostre o que foi o castro no seu estado orixinal.

"A idea final é facer un vídeo que nos permita nunha terceira campaña, unha campaña moi a curto prazo, unha visita virtual ao castro para levar unha visión global e completa do que foi esta fortificación tan importante", comenta Manuel Blanco, xerente do Museo Casa do Patrón.

Aínda que prevén que esta parte do proxecto estea lista para comezos do 2026, aseguran que aquí aínda quedaría moito traballo por diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade