Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a busca do Gordo da Lotaría de Nadal no concello de Toén

Comeza a busca do Gordo da Lotaría de Nadal no concello de Toén

A asociación Amigos do Patrimonio leva anos agochando participacións e décimos en distintos recunchos do municipio

O obxectivo é que a veciñanza coñeza a riqueza natural e patrimonial da contorna

Xunto con Sobrado do Bispo e Bentraces, en Barbadás, este ano agocharon 90 participacións de 4 euros

Miriam amosa a pista que atopou ao carón do antigo campo de fútbol de Moreiras e que lle outorga dúas participacións
G24.gal 06/12/2025 21:36 Última actualización 06/12/2025 22:22

Ás doce do mediodía deron a coñecer as pistas e unha hora e cuarto despois Miriam e Fran xa conseguiran dar co primeiro agocho. En total son 24 os que hai nas diferentes parroquias de Toén, 20 dan dereito a dúas participacións por pista e os outros catro a décimos.

Este xogo, ademais de entreter a veciñanza, permite afondar no patrimonio e na historia deste concello. Non é preciso ser da zona para participar pero o coñecemento do municipio axuda.

Levan anos con esta iniciativa e sempre se atoparon todas as participacións, aínda que desta volta, din, complicaron un pouquiño máis as pistas para os xa profesionais.

A busca esténdese tamén ás localidades de Bentraces e de Sobrado do Bispo, no concello lindeiro de Barbadás.  En total hai 90 participacións e 4 décimos que poderían agochar máis de 8 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade