Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan unha muller morta na piscina da súa casa en Coristanco

Atopan unha muller morta na piscina da súa casa en Coristanco

O fillo da vítima chamara o 112 avisando de que súa nai caera á piscina e que podía estar morta

A piscina, que contaba con "pouca auga" e estaba cuberta con musgo, o que facía esvaradía a superficie

Ata o momento non se esclareceron as causas do suceso

G24.gal 22/06/2025 14:11

Axentes da Garda Civil atoparon este domingo o corpo sen vida dunha muller nunha piscina dun domicilio particular no municipio coruñés de Coristanco.

A Garda Civil acudiu á vivenda tras ser avisada por Emerxencias 112 Galicia na mañá deste domingo de que un particular chamara a este servizo indicando que a súa nai caera ao interior da piscina, que contaba con "pouca auga" e estaba cuberta con musgo, o que facía esvaradía a superficie.

Xa no momento da chamada, o fillo da falecida, "avanzaba a posibilidade de que a nai estivese sen vida", un suposto que se confirmou no momento da intervención da Garda Civil, que optou por evitar mover o corpo ata a chegada das autoridades xudiciais.

Non se esclareceron ata o momento as causas do suceso nin se a muller morreu por mor da caída ou por non poder respirar no interior da piscina. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade