Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller tras ser atropelada por un tren na cidade da Coruña

Morre unha muller tras ser atropelada por un tren na cidade da Coruña

O accidente produciuse nos túneles de Oza e Casabranca da Coruña, contra as oito da tarde deste sábado

Aínda se descoñecen as circunstancias nas que se produciu o fatal atropelo

Desde o punto do accidente, pasaxeiros que ían no tren completaron o percorrido en autobús

G24.gal 22/06/2025 11:57

Unha muller faleceu este domingo despois de ser atropelada na tarde de onte por un tren que percorría o traxecto entre A Coruña e Monforte de Lemos, segundo confirmaron fontes da Policía Nacional. O accidente produciuse nos túneles de Oza e Casabranca da cidade.

A falecida fora trasladada de urxencia ao complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC), onde non puido superar as lesións sufridas por mor do atropelo, que se produciu pouco antes das oito da tarde do sábado.

Foi ao redor desa hora cando o servizo telefónico de atención a emerxencias 112 Galicia notificou un suceso que mobilizou ata a zona  profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Policía Nacional e da Policía Local e bombeiros, aínda que a intervención destes últimos non foi finalmente necesaria.

Aínda se descoñecen as circunstancias nas que se produciu o fatal atropelo, aínda que as primeiras pescudas apuntan a que a muller falecida era unha veciña da zona.

O sinistro obrigou a deter o convoi que circulaba polas vías, con pasaxeiros a bordo, e os operadores ferroviarios decidiron que o percorrido se completase finalmente en autobús

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade