A suspensión de voos encarece o prezo dos billetes de tren entre Madrid e Galicia
Xa non é posible atopar billetes entre A Coruña e Madrid para os días de Nadal por baixo dos 90 euros
A menos de dous meses para o Nadal, os billetes para Madrid están polas nubes. Viaxar desde A Coruña ou Vigo ata a capital de España, nas datas clave das festas, duplica o prezo doutros traxectos similares cara a outras cidades do Estado.
A estas alturas de outubro xa non é posible atopar billetes entre A Coruña e Madrid para os días de Nadal por baixo dos 90 euros. E se falamos de Vigo, os prezos non baixan dos cen euros.
Son tarifas que duplican prezo de conexións como a de Sevilla-Madrid, que anda polos 55 euros, e chega a multiplicar por catro outras liñas como a de Xixón.
Din os usuarios que é un agravio para Galicia, tendo en conta ademais que a nosa comunidade carece dun servizo de proximidades ferroviarias. O Goberno adía a solución e di que está traballando nun plan de mobilidade sostible para todo o Estado.