Publicador de contidos

Publicador de contidos

A guerra en Oriente Próximo aviva o temor a que se dispare de novo a inflación

A guerra en Oriente Próximo aviva o temor a que se dispare de novo a inflación

G24.gal 10/03/2026 20:44

A guerra en Oriente Próximo aviva o temor a que se dispare de novo a inflación. As subas da electricidade e dos combustibles ameazan con trasladarse tamén á cesta da compra e ás hipotecas.

O euríbor escalou este martes 18,5 puntos básicos, a maior suba diaria desde 2008. Os mercados miran ao Banco Central Europeo

Antonio Garamendi, presidente da CEOE, di: "Posiblemente o BCE determine que teñen que subir, e para as economías familiares, para a industria e para o comercio é unha noticia non mala, moi mala".

A patronal e varias cadeas de alimentación apostan por eliminar o IVE dos produtos básicos para conter a suba da cesta da compra.

O presidente de Mercadona, Juan Roig di: "Sería unha gran noticia que o Goberno decretara o IVE cero para a alimentación".

O prezo da luz multiplicouse por seis nos últimos dez días. Os carburantes subiron entre un 9,4 e un 18 por cento desde que empezou a guerra. Agricultores, pescadores e transportitas piden medidas para corrixir a suba do combustible profesional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade