Última fin de semana de desconto do IVE nos combustibles
Pedro Sánchez puxo enriba da mesa a posibilidade de que no Consello de Ministros se valore a prórroga dalgunhas axudas anticrise
Segundo a OCU recargar en gasolineiras de baixo custo axuda a aforrar 300 euros ao ano
As medidas de bonificación, de desconto do IVE do gasóleo e gasolina do 21% ao 10% rematan o 30 de xuño logo de tres meses e nove días en vigor.
Dende a propia confederación española de estacións de Servizo din que ao decaer esta medida anticrise a gasolina subiría en torno aos 29 céntimos por litro e o gasóleo 22, é dicir que encher un depósito medio duns 55 litros será a apartir do mércores entre doce e dezaseis euros máis caro do que pagamos hoxe.
Son moitos os usuarios que nos din que botarán combustible antes da suba, o mérores, que é un de xullo, un dos días de ma´si desprazamentos en coche de todo ano segundo a DXT.
Esta é a derradeira fin de semana na que os usuarios pagarán un once por cento menos de IVE no combustible xa que o martes, o 30 de xuño, finalizan as medidas gubernamentais de bonificacións aplicadas á gasolina e ao diésel. Encher un depósito medio, de 55 litros, o mércores pode valer ata 16 euros máis que este sábado.
Porque se as medidas deseñadas para paliar o impacto económico da Guerra en Oriente Próximo non se prorrogan, o 1 de xullo, que é o primeiro día da operación saída deste verán do 2026, a fiscalidade dos carburantes volverá á cifra pre-guerra, ao IVE do 21%.