Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellan unha banda de traficantes de droga que operaba a través do río Guadiana

Desartellan unha banda de traficantes de droga que operaba a través do río Guadiana

Dezaoito membros da banda foron detidos, entre eles un policía local, e catro ingresaron xa no cárcere

A operación desenvolveuse nas provincias de Huelva, Sevilla, Cádiz e Málaga, e nela participaron 250 axentes

G24.gal 20/06/2025 13:31

A Policía Nacional desmantelou en Andalucía unhas das maiores organizacións de tráfico de cocaína a través do río Guadiana. Hai 18 detidos, pero o líder da banda conseguiu fuxir e permanece en busca e captura.

A intervención de media tonelada de cocaína a finais de abril precipitou a redada que se desenvolveu nas provincias de Huelva, Sevilla, Cádiz e Málaga, e na que participaron 250 axentes. O obxectivo era unha das maiores organizacións de traficantes de droga a través do río Guadiana.

“O relevante é o uso de embarcacións de alta velocidade que utilizaban para introducir a cocaína na Península e distribuíla en distintos puntos”.

Dezaoito membros da banda foron detidos, entre eles un policía local, e catro ingresaron xa no cárcere. O máximo responsable, con antecedentes por narcotráfico, conseguiu fuxir e permanece en busca e captura.

A banda financiábase e branqueaba os beneficios a través da explotación de falsos negocios comerciais, as criptomoedas ou sociedades con capital ficticio apoiado por obras de arte, 4 cadros de Picasso, posiblemente falsos.

“Non é tan relevante se o cadro é falso ou verdadeiro, senón como utiliza as obras de arte para xustificar o capital social dunha sociedade e xustificar que esa sociedade exista”.

Máis de 70 contas bancarias manexadas pola banda foron bloqueadas pola policía, ademais de activos financeiros por valor de 10 millóns de euros.

Todos os detidos están sendo investigados polos delitos contra a saúde pública, organización criminal, branqueo, revelación de segredos e tenza ilícita de armas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade