Publicador de contidos

Publicador de contidos

O home que apuñalou a súa exparella en Vigo tiña antecedentes por homicidio

O home que apuñalou a súa exparella en Vigo tiña antecedentes por homicidio

Matou dúas persoas en 1986 e en 2002 e atacou cun coitelo o policía que o detivo o pasado domingo

Permanece en prisión preventiva desde o martes

 

G24.gal 20/06/2025 11:57

O suposto autor dun apuñalamento a súa exparella o pasado domingo en Vigo ten antecedentes por homicidio. O home, de 56 anos,  matou a golpes e navalladas a outra persoa en 1986 e, cunha escopeta, ao que era o seu cuñado en 2002.

Ademais, atacou cun coitelo o policía que o detivo o venres pasado na cidade olívica. Salvouse grazas ao chaleco de protección que levaba.

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo decretou o martes o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza investigado por acoitelar a súa exparella; unha muller de 66 anos que logrou salvar a vida. O presunto agresor xa tiña unha causa anterior arquivada, tamén por atacar a súa exparella.

Nesta ocasión foi detido despois de que os familiares da vítima denunciaran o caso ante a Policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade