Unha persoa foi detida nun operativo antidrogas na contorna da rúa Aragón de Vigo
Axentes da Udyco levaron a cabo rexistros, e procedeuse á detención dunha muller

Polo menos unha persoa foi detida nun operativo antidrogas desenvolvido por axentes da Policía Nacional na contorna da rúa Aragón de Vigo, segundo confirmaron fontes policiais.
Así, á primeira hora da mañá deste xoves, despregouse un dispositivo policial nun canellón á altura do número 168 da rúa Aragón, na contorna duns inmobles en que xa houbo intervencións policiais anteriores ante as denuncias e queixas dos veciños pola existencia dun punto negro de tráfico drogas.
Na intervención deste xoves, levada a cabo por axentes da Udyco da Comisaría de Vigo-Redondela, leváronse a cabo rexistros e procedeuse á detención dunha muller.
A pasada fin de semana, a Policía tivo que intervir no mesmo punto, ante a presenza dun home ferido que se autolesionara. Durante a intervención foi arrestado outro home cunha requisitoria de ingreso en prisión.